O pasado 25 de abril tivemos o primeiro encontro co Club Mozo do Centro Cívico do barrio compostelá de Conxo, que o equipo coordinador de Galicia, Portugal e Italia xa tivemos oportunidade de coñecer o ano pasado na primeira xuntanza transnacional do proxecto grazas á estupenda visita de estudo guiada por Sara, a técnica sociocultural que puxo a andar o activo grupo coa mocidade da contorna.
Foi un encontro para presentarlles formalmente as actividades previstas e para animalos a participar nelas. Coñecimos un chisco os outros grupos do resto dos países e compartimos tamén algunhas lecturas. Quedamos con ganas de máis!
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
¿Quién somos?
Blog colaborativo del proyecto ACNE: reading and non-formal education. Archivos
Noviembre 2019
Categorías
|