sara vieites
Sara Vieites Juanatey. Santiago de Compostela. Monitora en animación e tempo libre.
Cal é a túa profesión? En que consiste?
Monitora en animación e tempo libre. Programación e desenvolvemento de actividades de dinamización sociocultural infantís e xuvenís.
Cal é a túa relación co mundo da lectura e literatura xuvenil?
Unha das actividades que programo e desenvolvo e que máis me gustan sen lugar a dúbidas é a da Animación á Lectura. Actividade que desenvolvo desde hai moitos anos para rapazada de entre 6 e 15 anos, polo que para os máis grandes utilizo obras xa máis acordes as súas idades (11-15).
Cres que os mozos e mozas len? Si/non? Por que?
Pola miña experiencia existe unha pequena parte que le regularmente (sobretodo as coleccións de aventuras máis sonadas como Harry Potter, Divergente, etc...) pero non é o común. A maioría le só as lecturas obrigatorias do Instituto. As veces estas lecturas non son adecuadas ás idades ou non son ben introducidas, o que fai que moitas veces as mozas e mozos (incluso aqueles que estaban acostumados a ler desde pequenas) comecen a aborrecer a lectura.
Que cousas fas ti para promocionar a lectura entre a mocidade?
Penso que o máis importante para que funcione a lectura na mocidade é que funcione primeiro cando estes son pequenos e pequenas. No meu caso o grupo de adolescentes co que eu traballo vén disfutando das aventuras que nos proporcionan os libros da nosa biblioteca desde a infancia, o que axuda moito para que non deixen de ler.
Actualmente este grupo segue participando en actividades de animación á lectura porque para elas segue sendo algo interesante e divertido.
Ademais de facer actividades de animación á lectura propias para estas idades (11-16) como por exemplo: O Lectaurante, Xincanas literarias, Teatro, Dinámicas/xogos de escritura creativa, invención de contos/historias , etc.... os mozos e mozas participan nas actividades de literatura infantil facendo de personaxes e axudando a que os máis peques disfruten como eles o fixeron.
Poderías dicirnos algún exemplo de boas prácticas de promoción da lectura xuvenil? E un referente sen lugar a dúbidas?
Pois vou nomear a última que fixen que foi O Lectaurante, que tivo un éxito rotundo. Trátase dun restaurante de libros no que ambientas todo o espazo como se de un restaurante de verdade se tratase (desde as mesas con manteis e cubertería , pasando por actuacións en directo ata ser servidos por camareiros/-as de luxo que recomendan os pratos con tremenda exquisitez) só que o que elixes no menú e o que degustas son fragamentos de diferente libros de literatura xuvenil.
Como referentes nomeo aos autores de libros que traballo pois son os que mellor funcionaron: Manuel Gago, Ledicia Costas, María Gripe, Gemma Lienes...
As coleccións de edebé (de Rosa Navarro, Ana Campoy...)
Con relación á promoción da lectura xuvenil, que botas en falta? Que se está a facer ben?
Boto en falta formación en animación a lectura nos cursos de Monitores de tempo libre e incluso dos bibliotecarios. Boto en falta actividades de animación á lectura (continuadas) nos espazos propios de lectura (Bibliotecas). Boto en falta actividades innovadoras e orixinais (máis alá do taller de marcapáxinas).