elisabeth rodríguez rico
Elisabeth Rodriguez Rico. A Coruña. Bibliotecaria e responsable do club de lectura xuvenil “ElClú”.
Cal é a túa profesión? En que consiste?
Bibliotecaria e responsable do clube de lectura xuvenil "ElClú". Consiste, de xeito sinxelo, en propoñer lecturas "alternativas" e diferentes á rapazada que cada quince dias se reúne coa excusa de falar dunha lectura para, simplemente falar, pensar, debater, escoitar....
Cal é a túa relación co mundo da lectura e literatura xuvenil?
Medidadora co que todo elo implica: selección de lecturas,búsqueda de recursos complementarios, visitas, saídas, lecturas relacionadas, música, videografía...., entre a biblioteca e as persoas asistentes ao clube.
Cres que os mozos e mozas len? Si/non? Por que?
Si, moitísimo, outra cousa é averiguar que é o que len e cal é o nivel de comprensión que teñen, dende logo, as lecturas compartidas son as que facilitan a adquisición de coñecementos, o asentamento do pensamento, ideas...a posibilidade de escoitar outras opinións, versións diferentes da mesma historia....
Que cousas fas ti para promocionar a lectura entre a mocidade?
Tratamos de darlle pulos a este clube que naceu con tres nenas e un neno e agora temos 12. Buscamos falar de aquelas cousas que lles interesan, e outras novas que lles poidan suscitar interese. É moi importante ter en conta que a mocidade é un colectivo complicado, pola súa continua mutación, o que hoxe lles interesa mañá xa non, os niveis de compromiso son febles (unha pola propia etapa vital e outra porque teñen compromisos académicos cada vez máis serios e duros). Coidamos que tamén é importante proporcionarlles espazos nos que se sintan escoitadas e respectadas, nos que poidan opinar con liberdade sobre diferentes temas e sobre todo, aprenderlles que hai que cuestionarse todo nesta vida, cando escoitamos unha opinión, cando a lemos na prensa escrita ou dixital, ou nun chío, ou no instagram... As redes sociais son parte inesquecible do proceso lector hoxe en día. Tamén darlles a coñcecer espacios de ocio alternativo, ou entidades coas que nalgún monento poidan necesitar traballar, colaborar...