A noite do martes foi a dedicada a Portugal: logo dunha pequena mostra das rodas de Pitões,tivemos a sorte de cear un estupendo bacallau. Delicioso! O mércores arrancamos cedo de Compostela dirección Rianxo. Alí tivemos unha visita guiada pola vila, polo porto e polo Museo do Mar, e mais tivemos a oportunidade de coñecer o Rianxo máis literario! Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio... A tarde pasámola na praia. Un día estupendo para nos relaxar, brincar, para nos coñecer aínda máis e falar das nosas lecturas favoritas. Á tardiña iamos facer un xogo literario polas rúas de Rianxo, mais ía tanto vento que tivemos que deixalo para outro momento :-(
Aproveitamos ese tempo para dar un novo paseo pola vila mariñeira, antes do fantástico peixe que nos agardaba na cea.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
¿Quién somos?
Blog colaborativo del proyecto ACNE: reading and non-formal education. Archivos
Noviembre 2019
Categorías
|